top of page

Delegación do Goberno en Galicia

7 jun 2023

Recibimos con estupor e indignación a nova de que a Delegación do Goberno en Galicia despois de reunirse con empresas constructoras e a Patronal Eólica e en previsión de sabotaxes ou actos vandálicos que puideran sufrir os Polígonos Eólicos, decide reunirse coas Comandancias da Guardia Civil para que nas zonas afectadas se realice unha especial patrulla e vixiancia.


Ata o día de hoxe non existiu ningún feito , nin ameaza que puidera responder a estes supostos feitos por parte de persoas individuais nin colectivos cívicos.


Ao contrario, son as empresas eólicas as que atentan contra o patrimonio natural e cultural e así o reflicten as sentencias de Sasdónigas e O Iribio na provincia de Lugo e os recentes atestados do SEPRONA en Amil, no Concello de Moranha, en Pontevedra.


Asimesmo temos abundantes casos por parte das empresas, de entradas en propriedades particulares sen a correspondente autorización a facer medicións, catas e outras labores de proxectos que ainda non teñen licenza.


Porén disponhemos de un amplo catálogo de manifestacións de propietarios que deben loitar acotío contra a falta de información dos proxectos, de coaccións e ameazas por parte das empresas para que asinen os contratos e moitos outros feitos que atentan contra os dereitos fundamentais recollidos na Constitución Española.


É por esto que dende ACOUGA, organización que leva a defensa de numerosas persoas e colectivos nas catro províncias galegas, non podemos mais que rexeitar os feitos descritos , calificándoos como bulos sen fundamento nin base que os sustente. Só pretenden criminalizar as xentes que están defendendo o lexítimo dereito á propriedade privada, á conservación da natureza, ó património cultural e á legalidade, sempre respectando escrupulosamente as Leis e o ben común.


Ao noso entender estas acusacións infundadas venhen en consecuencia das últimas sentenzas xudiciais , onde esta a quedar ben claro que os proxectos eólicos en Galicia, tal e como se veñen desenvolvendo non se axustan ao Dereito. E é por esto que as partes que perden nos Xulgados buscan unha victimización que non existe mais que nas súas mentes.


Tamén sería importante que non usaran as Institucións, e as Forzas de Seguridade do Estado, como escusa da súa nefasta política de depredazón e espolio do País, pois os servizos públicos non están para usar a modo de Seguridade Privada. Si alguén quere vixiancia privada que a pague do seu peto pero non a costa dos impostos de todos e menos ainda cando son as propias persoas afectadas as que están a sufirir agresións na sua propiedade.


Non nos parece mal que a Guardia Civil vele pola legalidade, pero sempre con ecuanimidade e rigor. Poderían presentarse e denunciar nas obras dos Polígonos Eólicos para preservar o cumprimento da legalidade na execución dos mesmos e así non teríamos casos como os xa indicados de Sasdónigas, O Iribio ou Amil. Esos si son feitos probados , e non conxeturas.


Para esto sería suficiente com que se presentaran de 8 da mañán ata as 8 da tarde, os días laborabeis, que é cando se producen os feitos dolosos.


En resumo, solicitamos a esta Delegación que cumpra coa súa obriga de velar polo ben público seguindo as normas do sentido común e as establecidas nas Leis e non ruxe-ruxes, infundios e intencións expúreas, porque non hai ningún motivo fundado que avale a información recibida.


E por suposto, que sempre se defendan os dereitos fundamentais recollidos na Carta Magna, que proclama a igualdade de todas as persoas.


Atentamente,

Manuel Pérez Arias

bottom of page